Medio centenar de maiores participa desde antonte e ata mañá venres nunha viaxe pola historia de Portugal, enmarcada no programa de actividades de dinamización comunitaria do Concello de Culleredo. En concreto están a descubrir o patrimonio cultural de Coimbra.
Na viaxe poderán coñecer tamén Batalha e Fátima, zonas situadas na súa contorna.
A actividade reúne a veciños das distintas parroquias cullerdenses servindo tamén como punto de encontro. As viaxes son das actividades con maior participación do programa.