Todas as prazas reservadas para persoas con mobilidade reducida do municipio de Culleredo contan con esta semana cunha placa adicional á sinalización de tráfico. Reza "Ponte na miña pel, non na miña praza", buscando sensibilizar de uso exclusivo para estes usuarios.
É unha campaña impulsada polo Concello de Culleredo e a asociación ASEM. "Buscamos tocar a fibra sensible dos condutores", sinala José Ramón Rioboo, primeiro tenente de alcalde.
As placas son moi visibles e queren erradicar condutas incívicas que supoñen grandes molestias ás persoas que de verdade necesitan este especio reservado. "Non se debe nin pensar en parar un segundo nestas prazas", considera Rioboo, que explica que a vixilancia especial da Policía Local vai da man de accións sensibilizadoras como esta.
A maiores, o Concello está a emprender traballos de mellora do pintado destas prazas. Naqueles casos onde se deteriorou a pintura encargouse a súa renovación, en cor azul, para garantir a súa visibilidade.
Con todo isto, o primeiro tenente de alcalde espera que se erradiquen estes malos hábitos dalgúns condutores, aínda que resalta, que a maioría de veciños respecta estas prazas.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER