Culleredo inicia mañá luns, 5 de decembro, a súa campaña de Nadal co tradicional acendido das luces. Será o punto de inicio para un programa variado de actividades culturais, deportivas, sociais e de animación comercial que se desenvolverá no municipio.
O aceso das luces irá aparellado a un primeiro acto nas rúas de Culleredo. O Concello cada ano varía o lugar do aceso. Este ano será en Vilaboa, no pazo de Vila Melania, ás 19.00 horas.
O espazo converterase no "Reino do xeo" con personaxes que animarán a rúa, con moitas sorpresas. Non faltará a música cunha batucada. O Concello convida os veciños a que enchan este acto e leven aos pequenos porque está especialmente pensado para eles.
O Concello dispuxo iluminación do Nadal ao longo do municipio, sobre todo nas rúas con maior actividade comercial, pero tamén no rural. As rotondas ou as fachadas de edificios municipais son outros dos puntos con iluminación.
O obxectivo é crear un ambiente festivo propio da época que axude á promoción do comercio e hostalaría local, sinala Juan Carlos Lovelle, concelleiro de Dinamización Socioeconómica.
Nos próximos días presentarase a campaña municipal, que programa actos nos principais espazos públicos da zona urbana, e nos centros sociais das parroquias.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER