A Policía Local constata o respecto ás prazas para mobilidade reducida tras a campaña feita

A campaña de sensibilización para o uso das prazas reservadas para persoas con mobilidade reducida está a funcionar. É o que acaba de constatar o Concello de Culleredo na campaña especial de vixilancia levada a cabo pola Policía Local en todos os estacionamentos do municipio.
 
O resultado é alentador. Os axentes non tiveron que formular ningunha denuncia xa que non se detectou ningún uso indebido das prazas.
 
A campaña tivo lugar a semana pasada, desde o 12 ao 18 de decembro. Os axentes pasaron a diario polas prazas comprobando se estaban ocupadas por vehículos con tarxeta e que esta fose válida e actualizada.
 
Desde o mes pasado todas as prazas de estacionamento para mobilidade reducida contan, ademais de con o preceptivo sinal de tráfico, cun cartel que reza "Ponte na miña pel, non na miña praza". Foi unha iniciativa do Concello de Culleredo e a asociación ASEM co obxectivo de tocar a fibra sensible dos condutores, apunta o primeiro tenente de alcalde, José Ramón Rioboo.
 
Por agora o resultado é satisfactorio, pero a Policía Local seguirá con un control continuado destes aparcadoiros, subliña Rioboo. O edil avisa de que "non cesaremos no noso empeño de que estas prazas dean servizo exclusivamente aos veciños que lles corresponde".
 
Campaña alcoholemia
 
Ademais desta campaña, tamén a semana pasada e en virtude da colaboración que mantén o Concello coa Dirección Xeral de Tráfico, efectuouse unha campaña de vixilancia sobre a condución baixo os efectos do alcol e drogas. Dos controis realizados realizáronse dúas denuncias por taxa elevada de alcol na zona urbana, que foron postos a disposición do xulgado. 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina