O programa de Nadal do Concello reuniu a máis de 5.000 persoas

A ampliada programación de actividades de Nadal ofrecida este ano polo Concello de Culleredo traduciuse nunha gran aceptación por parte dos veciños. As opcións culturais, deportivas, e de animación congregaron a máis de 5.000 persoas, sen contar os asistentes da cabalgata do pasado xoves.
 
O Concello aumentou este ano os actos na rúa, contribuíndo a fomentar as compras no comercio local. Durante toda a primeira semana de xaneiro estiveron instaladas tres carpas de Nadal con multitude de actividades como karaoke, inchables, un xadrez xigante, ou globoflexia.
 
A trasfega de pequenos polas carpas foi constante. A modo de broma, un veciño comentoulle alí a José Ramón Rioboo, primeiro tenente de alcalde, a súa intención de "protestar" ao Concello porque non había forma de poder sacar aos nenos das actividades das carpas.
 
Tamén se estreou este ano un espazo para mozos, con xogos de cartas Magic, videoxogos retro, Wii ou karaoke. Coa colaboración da libraría Entrecontos e de Alita Cómics, os xogos de mesa conseguiron gran expectación.
 
A última semana de decembro houbo todos os días talleres de Nadal, tanto para nenos como para mozos. E Papá Noel tamén tivo o seu papel cun trono que visitaron decenas de nenos antes da súa chegada ás casas. Os Reis Meigos foron os outros grandes protagonistas. Ademais da cabalgata, o Concello aumentou este ano as súas visitas aos centros sociais do rural.
 
A nivel cultural, o teatro foi o prato estrela co Teatro da Estada e as galas do Ruiseñor. Obtivéronse cheos absolutos nos auditorios de Servizos Múltiples e o Conservatorio Municipal. Tampouco a Dragona Ramona faltou á súa cita de contacontos na Biblioteca.
 
A nivel deportivo desenvolvéronse campus de patinaxe e fútbol e un torneo de baloncesto. O municipio tamén acolleu en Acea de Ama o campionato galego de ciclocrós.
 
E no apartado de conciliación desenvolveuse un campamento urbano en todos os días laborables desde que os nenos empezaron as súas vacacións.
 
O goberno local considera que o esforzo realizado por ampliar a programación mereceu a pena vendo as valoracións positivas transmitidas polos veciños e xa planea novidades para o 2017.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina