Culleredo conmemora o Día da Muller cunha homenaxe ás artistas

O Concello de Culleredo dedica este ano o Día da Muller (8 de marzo) ás artistas. O acto central da programación deseñada desde a Concellaría de Benestar renderá unha homenaxe especial á muller vinculada ás artes plásticas, que en moitos casos foi silenciada ao longo da historia.
 
Baixo o título de "Debuxando o xénero, modelando ou futuro", o acto será o propio mércores 8 ás 19.00 horas no salón de actos do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo. Asistirán artistas de Culleredo e expertas que falarán da realidade da muller neste ámbito.
 
Intervirán Soledad Penalta, escultora, Rosario Arriaza, pintora e poeta, Iria de Castelo, escultora, Lidia Carrión, pintora e cantante, e Rosario Sarmiento, crítica de arte. Haberá a proxección dun audiovisual a cargo de Marmaideas e actuará Lida Carrión.
 
A concelleira de Benestar, Lupe Pombo, anima aos veciños a asistir para coñecer o traballo de mulleres de Culleredo no ámbito artístico e axudar a visibilizarlo.
 
Ademais deste acto central, o Concello programa máis accións con motivo do 8 de marzo. Son as seguintes:
  • Faladoiro sobre "A Tribuna", de Emilia Pardo Bazán. Será no club de lectura, o mércores 8 ás 19.00 horas na Biblioteca do Burgo. Diríxeo Carlos Pereira, historiador municipal.
  • Coloquio "Que é ser feminista no 2017?". Será o xoves 9 ás 19.00 horas en Servizos Múltiples. Impárteo Cristina Baixo, socióloga do Centro de Estudos de Xénero e Feministas da Universidade da Coruña. Buscará resposta ás preguntas: "Temos acadado a igualdade? Precisamos homes feministas?".
  • Xornada de empoderamiento, motivación e autoliderado feminino. Será o venres 10, de 18.00 a 21.00 horas na Reitoral de Celas. Consistirá nunha formación en ferramentas de cocaching para aplicar no ámbito persoal e profesional, a cargo da asociación Daleth.
  • Ceas de Mulleres de Culleredo. O venres será a organizada pola Asociación de Mulleres Rosalía de Castro e a Asociación de Mulleres A Xeca, no Pazo de Vilaboa. E o sábado tócalle a quenda á organizada pola Asociación de Mulleres As Berenguelas, en casa Jacinto.
Finalmente, o Concello procederá á rotulación dos centros sociais de Benestar. Contarán cunha reseña e imaxe da vida e obra das mulleres históricas de Culleredo ás que se dedica o nome do centro. 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina