Concienciación contra a complicidade con comportamentos de acoso escolar

En coincidencia co Día Internacional contra o Acoso Escolar, o Concello de Culleredo completou a súa campaña educativa emprendida para previr o bullying entre os escolares. Desenvolveuse nas aulas de 5º de primaria de todos os colexios públicos do municipio, baixo a denominación de "Eu non son cómplice".
 
A iniciativa foi desenvolvida pola Comisión Municipal de Absentismo Escolar, un órgano que o Concello ten para abordar desde un punto de vista técnico o fracaso escolar ou o acoso. Está formada pola psicóloga municipal, unha pedagoga e un representante da Policía Local.
 
A campaña consistiu no desenvolvemento de talleres nas aulas. Mediante dinámicas construtivistas de reflexión, participación e toma de conciencia, traballáronse aspectos como a empatía, a comunicación, así como e estratexias para porlle fronte ás persoas acosadoras desde un posicionamento tanto individual como colectivo de non complicidade con este tipo de comportamento.
 
O Concello de Culleredo quere facer un chamamento á toma de conciencia das familias e, en xeral, de toda a comunidade educativa para tentar corrixir modelos de conduta que poidan derivar en acoso escolar.
 
A Comisión Técnica destacou nas sesións a importancia de comunicarse e pedir axuda aos docentes ou ao persoal técnico municipal ante calquera indicio ou sospeita de que un menor estea a padecer calquera tipo de acoso escolar ou bullying.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina