Os pequenos do Centro Rural Agrupado de Culleredo (CRA) estrearon hoxe o seu propio Museo de Historia, bautizado co nome de "MUCRA". É o resultado final do seu proxecto documental "A miña historia é historia".
Na colección do museo pódense atopar cinco seccións:
- Cousas da vida
- Ferramentas
- Cousas da escola
- Tecnoloxía
- Cousas da casa
O museo ten caracter interactivo: as fichas documentais das pezas teñen un código QR e realidade aumentada, onde o propio alumnado explica a orixe, a antigüidade, o uso, os propietarios, etc. dos obxectos presentados no MUCRA.
Este museo permanecerá aberto aos veciños e veciñas de Culleredo desde o 30 de maio ata o 2 de xuño, en horario de 17:00 a 20:00. Está situado na Casa dos Caseiros de Vila Melania, Vilaboa.
A concelleira de Educación, Carmen Varela, anima aos cidadáns a achegarse ata alí para atopar un museo distinto, feito con moito esmero e que "merece a pena" visitar.