Os mozos terán en verán obradoiros municipais de técnicas audiovisuais

Os mozos de Culleredo terán este verán un novo programa destinado a promocionar as súas habilidades artísticas. O Concello estrea iniciativa baseada en técnicas audiovisuais e novos medios.
 
Son cinco os talleres que se inclúen na programación de "(re) PROGRAMARTE". O primeiro será de fotografía dixital, a partir do 27 de xuño. Os alumnos aprenderán o manexo da cámara para as súas composicións artísticas. O segundo será un obradoiro de stop motion, técnica de gravación con pezas que os propios participantes deseñarán. Comezará o 13 de xullo.
 
Posteriormente, xa en setembro, chegará o taller de creación audiovisual abarcando todas as fases dun proxecto, desde o 7, e de time-lapse, desde o 8, outra técnica audiovisual. E finalmente, a partir do 22 de setembro, desenvolverase o obradoiro de light painting, innovadora técnica fotográfica.
 
O concelleiro de Xuventude, Miguel Suárez, sinala que esta proposta se axusta á "vocación creativa" dos mozos e por iso aproximaralles a métodos modernos do audiovisual.
 
As actividades terán lugar no Centro Cívico de Fonteculler. Están dirixidas a mozos de 14 a 30 anos de idade. Cada taller ten un máximo de 20 prazas.
 
As inscricións pódense realizar no centro municipal Pablo Picasso, en horario de 9.00 a 15.00 horas, a través do mail cipax@culleredo.es ou no WhatsAPP 620 008 450.
Vista previaAdjuntoTamaño
triptico_reprogramarte_1.pdf1.49 MB
triptico_reprogramarte_2.pdf1.01 MB

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina