Non haberá escusas en Culleredo para porse en forma aproveitando o bo tempo. O Concello activa o seu programa "Verán movidiño", con clases de ximnasia ao aire libre desde este luns 10 de xullo ata o 30 de setembro.
Non importa a idade, é gratuíto e tampouco fai falta apuntarse simplemente desprazarse polo cinco puntos nos que se realiza a actividade a diario por parte dun monitor especializado. A iniciativa pretende "incentivar aos veciños de todas as idades a levar un verán activo e adquirir este hábito saudable", explica a concelleira de Benestar, Lupe Pombo.
O Concello dispuxo clases de luns a venres. Haberá puntos tanto na zona rural como na urbana. A programación semanal é a seguinte:
Os luns a cita é no centro social de Sueiro, de 19.30 horas a 20.30 horas; os martes no Noso Lareira de Tarrío, de 20.00 a 21.00 horas; os mércores no parque de Celas de Peiro, de 19.30 a 20.30 horas, os xoves no centro cívico de Fonteculler, de 10.00 a 11.00 horas; e os venres no Paseo Marítimo do Burgo, xunto ao parque biosaludable, de 10.00 a 11.00 horas.
A actividade leva a cabo diferentes modalidades de exercicios: ximnasia, paseos, sendeirismo, xogos, e mesmo o uso de aparellos dos parques biosaludables. A música non falta para animar aos participantes a seguir o ritmo dos monitores e, de paso, chamar a atención dous paseantes. Calquera que pase pola zona pode animarse a participar na actividade.
Para obter máis información pódese contactar a concellaría no 981 65 45 70.