O Concello de Culleredo desenvolve desde o principio do verán un novo programa específico para mozos, destinado a promocionar as súas habilidades artísticas. A iniciativa baséase en técnicas audiovisuais e novos medios.
Como punto final e práctico a esa programación, o Concello estrea concurso de fotografías dirixido aos mozos. Búscase que plasmen elementos do patrimonio natural, cultural, social ou deportivo de Culleredo, desde a súa propia visión.
A intención, tal e como se marca nas bases, é que recollan aspectos da vida cotiá, paisaxes, monumentos, ou recunchos por descubrir do municipio. Poderán participar os mozos entre 14 e 30 anos de idade, a título individual, cun máximo de tres obras.
O prazo para presentalas xa está aberto ata as 24.00 horas do 1 de outubro. Do 2 ao 5 de outubro abriranse as votacións tanto do xurado como do público, mediante o Facebook de Xuventude Culleredo. O 6 de outubro darase a coñecer os nomes dos gañadores durante clausúraa do programa, denominado "Reprogramarte".
Haberá dous premios. O do xurado, cunha cámara deportiva de premio, e o do público, cunha cámara instantánea.