A praza da igrexa Vilaboa terá un parque multixogos que duplicará a superficie do actual

A praza da igrexa de Vilaboa é unha das máis frecuentadas polos veciños. Conta na actualidade cun parque infantil con columpios, balancíns e tobogán, pero o Concello de Culleredo quere dar un paso máis e dotar á praza dun espazo infantil con moitas máis posibilidades para os pequenos da zona.
 
O goberno local xa traballa no deseño do novo parque. A previsión é que polo menos duplique ou triplique a superficie do actual para dar cabida a multixogos temáticos, con diversidade de propostas que atraian aos nenos de Vilaboa.
 
Terá variedade de xogos como grandes estruturas temáticas, labirintos ou redes, pensadas para diferentes tramos de idade. Haberá tamén novos columpios, tobogáns ou muelles.
 
Situarase na parte inferior da praza, que se dedicará integramente a este parque  multijuegos. Complementarase con zona verde e mobiliario urbano para o descanso das familias.
 
Esta primeira fase a actuación abordará a ampliación do espazo e instalación dos multixogos. O  Concello reservará unha segunda fase para cubrir o parque, seguindo os bos resultados que está a cultivar o seu plan pioneiro. As cubertas dos parques permiten ampliar o seu tempo de uso ao dar acubillo aínda cando chove.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina