O paseo do río Trabe loce nova imaxe ao seu paso polo Burgo

Os paseantes que utilizan o río Trabe atópanse cunha nova imaxe para a zona xunto ao campo de fútbol do Burgo. Verde para peóns e vermello para bicicletas son as cores que loce este tramo do paseo restituído polo Concello de Culleredo.
 
Este tramo, duns 70 metros, foi construído no seu día pola Xunta de Galicia, a través de Augas de Galicia. O dique executado xunto ao Trabe naceu con vicios ocultos, que co paso do tempo provocaron un corremento de terras.
 
As obras supuxeron un investimento de 141.815,46 euros. A actuación consistiu na estabilización do noiro mediante un novo dique que se cimentou no pé do mesmo. Para iso rozouse a cobertura vexetal do noiro, colocouse un xeotextil e instalouse o novo dique formado por roca de natureza  granítica.
 
O desaugadoiro de pluviais do campo de fútbol e do colexio protexeuse sobre o dique para evitar infiltracións. Ademais, dada a pouca capacidade portante dos materiais de recheo sobre os que se sitúa o paseo, realizouse un saneo. 
 
Reparouse a greta do muro de cerramento do campo de fútbol, renovouse a varanda de troncos de madeira e procedeuse á recolocación dos báculos de iluminación pública.
 
Finalmente, estendeuse un xeotextil e capa de zahorra sobre a que se repuxo o pavimento do paseo. Esta tarefa levaba varios meses pendente porque era necesaria executala con garantías de tempo seco, como sucedeu esta semana.
 
No espazo xerado sobre o dique, o Concello colocará xardineiras e bancos. Tratarase dunha actuación a maiores para incrementar as prestacións do paseo para os usuarios.
 
Tamén se xerou un pequeno espazo para que os coches que acceden ao aparcadoiro poidan virar. Así mesmo, os bolardos colocados para impedir o paso de vehículos están preparados para que sexan retirados polas forzas de seguridade en caso de necesidade.
 
O Concello pedira á Xunta que asumise o arranxo, pero esta non o fixo, polo que o Concello encargou un proxecto grande de recuperación da zona, dado o corremento de terras que tivo lugar.
 
O goberno local apostou por asumir a recuperación dunha contorna que é empregado a diario por centos de veciños, facendo deporte ou paseando. Ademais serve para conectar a pé O Burgo con Vilaboa.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina