O Instituto Galego de Estatística (IGE) está a realizar a 'Enquisa estrutural a fogares', unha operación estatística que ten o obxectivo de reflectir as condicións de vida das familias galegas en relación con diversas variables como o nivel de estudos, ingresos e gastos do fogar...
Estarán no Concello de Culleredo do 21 de maio ao 10 de xuño, período no que un entrevistador debidamente acreditado visitará diversos fogares do noso municipio para cubrir un cuestionario. As vivendas seleccionadas recibirán unha carta do IGE na que se lles informa da obriga de facilitar eses datos, que serán estritamente confidenciais e estarán protexidos polo segredo estatístico.