O SERVIZO MUNICIPAL DE FORMACIÓN E EMPREGO SEGUE A TÚA DISPOSICIÓN DURANTE A ALERTA POLO COVID-19

O Concello de Culleredo mantén activo o seu servizo municipal de formación e emprego:
  • Se quedaches en situación de desemprego ou xa estabas desempregado/a e precisas información 
  • Se necesitas coñecer o procedemento, neste momento, para a renovación da demanda de emprego 
  • Se estás interesado/a en cómo quedan os plans de formación municipal para o emprego 
Podes contactar con nós a través dos seguintes enderezos electrónicos: 
  • emprego@culleredo.es 
  • insercion.laboral@culleredo.es 
  • formacion@culleredo.es
Como consecuencia da situación xerada pola evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19 e co obxectivo de minimizar o seu impacto nas persoas demandantes, Emprego Galicia adoptou as seguintes medidas:
  • NON será necesario renovar a demanda de emprego ata o 30 de abril de 2020.
  • NON se dará de baixa, ata o 30 de abril, ás persoas estranxeiras que teñan pendente a renovación dunha autorización administrativa ou estean pendentes de presentar algunha documentación xustificativa.
  • NON se esixirá a acreditación da busca activa de emprego (BAE) na solicitude do subsidio extraordinario ou renda activa de inserción.
  • Quedan suspendidas as citas presenciais de orientación laboral. O teu persoal de orientación, poderá contactar contigo, de ser o caso, para citas de seguimento telefónico.
  • Quedan aprazadas, mentres dure a suspensión das actividades educativas, as accións de formación profesional para o emprego xestionadas ou financiadas pola Xunta de Galicia, as prácticas non laborais, os obradoiros de emprego e os programas integrados de emprego.
Desde a posta en marcha do Plan de Emerxencia Sanitaria en Galicia, as oficinas de emprego da Xunta de Galicia están pechadas ao público, pero teñen a consideración de servizos esenciais e o seu persoal continúa traballando para ti, realizando os trámites que necesites e ofrecendo atención telefónica e telemática.
 
Se queres saber como realizar os teus trámites urxentes consulta a seguinte información:
  • Se nunca estiveches inscrita/o como demandante de emprego en Galicia e necesitas solicitar a alta inicial para tramitar unha prestación ou subsidio, acceder a unha oferta ou por estar afectada/o por un ERTE:
  • Neste caso tes a túa disposición o novo formulario web de solicitude de alta inicial. https://emprego.xunta.gal/portal/gl/formulario-alta-demanda.html
Unha vez rexistrada a túa solicitude, a oficina de emprego contactará contigo para consultar, de ser o caso, os datos que sexan necesarios para completar a túa demanda de emprego.
 
Se a túa demanda xa está rexistrada, o formulario dará un aviso advertindo que xa tes unha demanda no noso sistema. Consulta entón as seguintes medidas.
 
Se necesitas unha prestación ou subsidio, pero tes a demanda en baixa:
Debes dirixirte directamente á Oficina de Prestacións do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) a través do sistema de cita previa virtual habilitado na súa web. Tamén podes empregar o novo formulario de pre-solicitude de prestación individual por desemprego dispoñible na dita web. https://sede.sepe.gob.es/
 
Ollo! Se a prestación está relacionada cun ERTE iniciado como consecuencia do COVID-19, consulta a seguinte medida.
 
Se a túa empresa solicitou ou vai solicitar un ERTE de forza maior como consecuencia do COVID-19:
Non tes que facer ningún trámite. A empresa ten que presentar a solicitude do ERTE para a súa autorización pola autoridade laboral e tamén comunicará os datos ao Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), para que este inicie a tramitación da túa prestación.
 
Se o que necesitas é facer un trámite na túa demanda que non está relacionado cunha prestación ou subsidio (ofertas de emprego, acceso a programas...):
Podes contactar coa túa oficina de emprego telefonicamente ou por correo electrónico e eles realizarán o trámite cos datos que lles facilites.
Lembra tamén que podes reactivar a túa demanda de emprego en baixa a través da Oficina Virtual de Emprego Galicia.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina