De conformidade co previsto no artigo 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPAC), co obxectivo de mellorar a participación da cidadanía no procedemento de elaboración de normas, e con carácter previo á elaboración do proxecto da norma, debe efectuarse unha consulta pública a través da páxina web municipal, na que se recollerá a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectadas pola futura norma sobre:
En cumprimento do anterior, sométese a consulta pública previa a elaboración do borrador do Regulamento municipal de Participación Cidadá, coas características que se detallan a continuación:
Poderán presentarse opinións e suxestións acerca dos puntos relacionados no precitado artigo 133 LPAC.
Co obxecto de facilitar a participación na consulta pública, ofrécese a seguinte información sobre o proxecto normativo:
Antecedentes da norma: Regulamento orgánico de Participación Cidadá do Concello de Culleredo (BOP n.º 29, de 4 de febreiro de 2008).
Problemas que se pretenden solucionar coa nova norma:
1. Regular as distintas formas de participación cidadá, tanto telemáticas como presenciais.
2. Ter un texto que contribúa a consolidar unha cultura reforzada de consulta e diálogo que facilite a convivencia, a solidariedade, a tolerancia, a responsabilidade cidadá e os valores éticos, humanos e democráticos, reforzando o desenvolvemento humano e a preocupación polo ben común.
Necesidade e oportunidade da súa aprobación: Esta actuación responde á necesidade de revisión constante das ordenanzas municipais, para dar cumprimento aos principios de modernización dos procedementos e mellora dos servizos que se ofrecen á cidadanía.
Vista previa | Adjunto | Tamaño |
---|---|---|
Orde consulta pública regulamento de participación cidadá | 293.8 KB | |
Borrador regulamento 2020 | 88.13 KB |
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER