Un novo directorio online para coñecer o comercio e hostalaría de Culleredo

O Concello de Culleredo estrea unha guía online para dar visibilidade ao sector do comercio, servizos e hostalaría do municipio. O obxectivo é facilitar á cidadanía a información do variado tecido económico local para incentivar as compras de proximidade, cuestión esencial especialmente polos efectos da pandemia.
 
Son 264 os establecementos incluídos na guía. De cada un deles ofrécese a xeolocalización no mapa mediante tecnoloxía Google Maps, a súa información de contacto e actividade, ligazóns ás redes sociais e imaxes do negocio.
 
A plataforma ofrece un buscador por área de actividade e parroquia. O usuario obtén un mapa definindo o ámbito e a zona desexada. Así, por exemplo, pódense coñecer os establecementos de alimentación do Burgo, os locais de hostalaría do Burgo, os talleres de Almeiras, etc.
 
Contémplanse 31 áreas de actividade de comercio e servizos, respondendo á variedade que ofrece o tecido local. Hai desde supermercados, restaurantes ou ferraxarías até tendas de roupa, barbarías ou hoteis.
 
"Temos un comercio de calidade no que se pode atopar de todo sen saír do municipio", destaca o alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo. Con esta iniciativa, destaca, o Concello "dá un paso máis" para dalo a coñecer. 
 
Á plataforma pódese acceder en comercio.culleredo.es.
 
Dado que as condicións sanitarias son variables e iso pode levar cambios na actividade dos negocios locais, o Concello pide aos responsables que desexen comunicar variacións que empreguen o formulario de contacto da propia web para trasladalo ao departamento de Promoción Económica. Así mesmo, se algún establecemento non está incluído e desexa adherirse, pode utilizar ese mesmo formulario.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina