O Concello de Culleredo conta con dúas flores de honra que outorga o programa Vilas en Flor

logo_vilas_en_flor_galicia.jpg
Vilas en Flor Galicia é un programa anual que recoñece en forma de galardóns, chamados Flores de Honra, a traxectoria e as accións levadas a cabo polos municipios galegos na mellora e potenciación dos espazos verdes urbanos, a súa xestión sostible, a educación ambiental e a concienciación cidadá no coidado da contorna.
 
Unha representación do xurado do Vilas en Flor visitará Culleredo o vindeiro luns, 27 de setembro, para valorar os espazos verdes do municipio.
 
O interese e compromiso do Concello de Culleredo en materia de educación cidadá a través de obradoiros fai que forme parte das Vilas en Flor galegas.
 
O xardín botánico que posúe na ría conta un gran valor paisaxístico e destaca, así mesmo, unha zona axardinada de especial valor por posuír un exemplar de ombú.
 
Ademais, Culleredo é moi activo en materia de xestión da paisaxe. Destaca os obradoiros continuos da Infraestrutura Verde da área da Coruña que levan a cabo coa Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, a Consellería de Medio Ambiente e ordenación do Territorio, a Fundación Juana de Vega e o Instituto Tecnolóxico de Galicia.
 
Entre os proxectos de Culleredo tamén chama a atención a formación para a sustentabilidade ambiental de plantación e produción de horticultura ecolóxica nos hortos urbanos do Xardín Botánico Ría do Burgo e a posta en valor da parroquia de Celas e do Monte  Xalo, co obxectivo de deseñar actuacións  para poñer en valor este territorio, desde o seu potencial ambiental.
 
Acceso á web de Vilas en Flor: http://galicia.villasenflor.com
 
 

 

Vista previaAdjuntoTamaño
logo_vilas_en_flor_galicia.jpglogo_vilas_en_flor_galicia.jpg61.34 KB

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina