Culleredo prosigue coa súa loita contra o absentismo escolar e mostra a dinámica do programa a docentes de Calabria

O Concello de Culleredo continúa a súa aposta firme por loitar e cernar o absentismo escolar dos centros do municipio e durante estes días está a demostrar a dinámica de funcionamento do seu programa pioneiro a docentes de Calabria, o municipio italiano co que xa se elaboraron diversas colaboracións no pasado. 
 
A Administración local, en colaboración coa Policía e diversas organizacións, como a ONG  Mestura, impulsou esta iniciativa no ano 2000 e esta mañá a concelleira de Educación,  Jéssica Méndez, o xefe de área de Cultura, Pablo Bouza, e Nieves García, psicóloga da área de Educación, recibiron á comitiva italiana en Vila  Melania. 
 
Unha representación de catro docentes asiste diariamente desde fai varias xornadas ás sesións en directo que a Comisión de Seguimento contra o Absentismo Escolar realiza no IES Eduardo Blanco Amor. 
 
O obxectivo básico é dotar aos profesionais das ferramentas e recursos suficientes para que poidan “exportar” este método e executalo así nos centros da localidade mediterránea. 
 
Culleredo prosegue co funcionamento deste método, pioneiro e polo que recibiu xa varios premios, para tentar non só promover un mellor índice de éxito académico, senón tamén enraizar nos novos valores éticos como a solidariedade e a empatía, creando para iso diversos grupos de axuda. 
 
“Isto é moi importante, porque á vez que os nenos e nenas que acoden ás sesións estamos a dinamizar a socialización entre eles e elas, ademais de ‘obrigarlles’ a saír da súa zona de confort e que poidan desenvolver novas habilidades que sexan efectivas no seu día a día”, comenta a concelleira,  Jéssica Méndez. 
 
Durante o encontro, os docentes puideron departir e compartir experiencias reais tanto locais como de  Calabria, na que sinalaban que “aínda queda un longo camiño por percorrer”, pero resaltando a importancia de “continuar impulsando este tipo de iniciativas desde as administracións” para poder así contribuír a “minimizar o impacto do absentismo escolar en nosas e os nosos mozos”, engadiron.
 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina