Nova campaña solidaria de recollida de alimentos no CEIP Tarrío, Vila de Rutis e Sofía Casanova

O ANPA Rosalía de Castro, do CEIP de Tarrío, organiza unha nova campaña de recollida solidaria de alimentos para o Nadal 2021, despois da impulsada o ano pasado. Debido á boa acollida desta iniciativa, este ano tamén se sumarán as organizacións de pais e nais do Vila de Rutis e do Sofía  Casanova. O seu obxectivo é o de facer o reparto de todo tipo de víveres para que poidan gozar deles as familias do municipio que máis o precisen.

As ANPA’ s, en colaboración coa concellería de Educación e Cruz Vermella, apostan novamente por unha campaña que xa obtivo unha magnífica resposta veciñal na pasada edición. Repartiranse a través de Cruz Vermella, coa que traballa o Concello de Culleredo na resposta social de primeira necesidade.

As familias interesadas en participar poden depositar os produtos nos propios centros, en recipientes habilitados para tal fin e cedidos por parte de Cruz Vermella. O prazo está aberto desde mañá, martes 23 de novembro, ata o próximo 17 de decembro.

A concelleira de Educación,  Jéssica Méndez, quixo agradecer “a implicación de todos os axentes participantes nunha iniciativa que é unha onda de solidariedade, que pon de manifesto que o pobo de Culleredo está en primeira liña cando se trata de  contribuír, axudar e ser  empático”.
 

Sede electrónica

Acceda a la información de los procedimientos del catálogo municipal, a la descarga de solicitudes, al registro electrónico...

Acceder a los servicios

 

Canal Culleredo

Emisión en directo de plenos municipales y material audiovisual municipal.

Accede al canal

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

Envíanos tus dudas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina