Culleredo dá continuidade ao plan de mellora da rede viaria no rural co asfaltado da rúa Cubo

O Concello de Culleredo dá continuidade ao plan de mellora da rede viaria no rural co asfaltado da  rúa Cubo, traballos que deron comezo esta mañá. Coas actuacións darase resposta ás diferentes peticións transmitidas polos veciños para renovar o firme de estradas que se viron afectadas polo paso do tempo.

Neste plan contémplanse as xa tramitadas  Nabeiras, Outeiro de  Abaixo e  Silvar, en Sésamo, ou a de Seara ata Cillobre, As Barreiras e As Reixas. As actuacións consistirán no asfaltado das vías, limpeza de cunetas e posta a cota das tapas e rexistros. Nos casos que corresponda renovarase a sinalización horizontal das estradas.

O edil de Obras, Carlos Liñares, destaca a vontade de “executar este tipo de traballos con continuidade, non só para mellorar os firmes e as conexións entre parroquias, senón tamén para incrementar a seguridade das nosas veciñas e veciños, quen é os que nos achegan de primeira man os problemas existentes e aos queremos poñerlle solución”, sinala.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina