O renovado campo de Tarrío xa está listo para albergar competicións deportivas e adestramentos dos conxuntos locais

 
O Concello de Culleredo continúa acometendo importantes actuacións de mellora das infraestruturas deportivas do municipio. Así, o renovado campo de fútbol de Tarrío xa está listo para albergar competicións deportivas e adestramentos dos conxuntos locais, cun investimento que supuxo 261.500 euros para instalar un firme de última xeración.
 
As novas instalacións contribuirán a optimizar as súas prestacións para os clubs deportivos, as peñas e o CEIP, que se atopa xunto á instalación. Suporá un cambio sobresaliente con respecto ás súas anteriores condicións, xa que se trataba dun campo de grava.
 
Despois da reforma o campo está habilitado para albergar partidos de fútbol 11 e de fútbol 7. A nivel de equipamento, o Concello dotou ao campo de porterías das dúas modalidades e de bancos de 10 prazas.
 
O terreo conta cun sistema circular de auga. Cando chove ou se regue o céspede, a auga será canalizada cara aos laterais e aí entrará no sistema formado por un depósito que a acumulará e propiciará o seu reaproveitamento para o sistema de rega.
 
En canto a infraestruturas comúns, o proxecto incluíu a creación dun novo acceso ás bancadas, pola parte traseira do muro existente. Ademais, tamén se executaron unha rede separativa de pluviais e saneamento.
 
“Investir en deporte é investir en benestar”, apunta o alcalde, José Ramón Rioboo, quen admite que “a intención do noso goberno é continuar nos próximos meses mellorando as instalacións en todo o municipio.”

Sede electrónica

Acceda a la información de los procedimientos del catálogo municipal, a la descarga de solicitudes, al registro electrónico...

Acceder a los servicios

 

Canal Culleredo

Emisión en directo de plenos municipales y material audiovisual municipal.

Accede al canal

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

Envíanos tus dudas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina