O Concello de Culleredo, a través do departamento de Promoción Económica, organizará para o Samaín unha xornada centrada no comercio local e actividades para os máis pequenos e pequenas.
Así, o luns 31 de outubro pola tarde, en horario de 17:00 a 19:00 horas, nos establecementos adheridos á iniciativa haberá agasallos para os 20 primeiros nenos e nenas que acudan disfrazados e fagan compras superiores a 5 euros.
Ademais, haberá ‘Animación de Rúa’, con música e animadores caracterizados polas zonas comerciais de Culleredo, ademais de talleres de maquillaxe e un ‘photocall’ de Samaín en Vila Melania, praza Castelao e praza Europa.
‘Láser tag’
O Concello de Culleredo, a través da área de Xuventude ou CIPAX, convida os mozos do municipio para participar na actividade de ‘láser tag’ para celebrar o Samaín.
Será o 31de outubro no Polígono de Alvedro, nas instalacións de Loita Tag. Haberá sesións de 55 minutos en diferentes horarios. As bases poden consultarse nesta web.
O modo de participación será a través das canles oficiais do CIPAX. As persoas interesadas en formar parte da actividade deberán mencionar a 5 amigas ou amigos cos que acudirían ata o 27 de outubro nas publicacións de redes sociais.
O 28 realizarase un sorteo e publicaranse as gañadoras e gañadores na web municipal.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER