O Concello de Culleredo impulsa unha nova edición das súas ‘Xornadas Micolóxicas’, con clases teóricas e prácticas e cuxa principal novidade é o showcooking como actividade de clausura, que correrá a cargo de Julio Rodríguez Moscoso.
Celebraranse do 17 ao 20 de novembro e o número de prazas está limitado a 35, con preferencia para as persoas empadroadas en Culleredo. As clases teóricas serán impartidas por Carlos Pastoriza. Para inscribirse, é necesario cubrir o formulario web do 7 ao 13 de novembro.
Nas mesmas, as e os participantes terán unha introdución ao mundo da micoloxía e os ciclos de vida; a relación cos hábitats naturais e os bosques; a diferenciación entre comestibles - non comestibles e os riscos coas especies tóxicas.
Durante a xornada práctica, un autobús trasladará a todos os participantes a Monte do Gato, onde se poñerá a proba o aprendido sobre identificación e recolección de especies, así como as precaucións que se deben observar e as normas de recolección.
Programa
- Xoves 17 de novembro, de 20:00 a 22:00 horas, introdución ao mundo da micoloxía. Centro Municipal de Formación Pablo Picasso.
- Venres 18 de novembro, de 20:00 a 22:00 horas, ciclos de vida e relación cos hábitats naturais e bosques, diferenciación entre comestibles e non comestibles e riscos coas especies tóxicas. Centro Municipal de Formación Pablo Picasso.
- Sábado 19 de novembro, de 9:30 a 14:00 horas, saída en bus desde a parada do Bar El Hoyo a Monte do Gato para recolectar especies.
- Domingo 20 de novembro, de 11:00 a 13:00 horas, masterclass de conservación de cogomelos. Showcooking e degustación. Centro Municipal de Formación Pablo Picasso.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER