O Concello de Culleredo, a través da concellaría de Maiores, pon en marcha o programa ‘Volta activa’ para achegar á veciñanza as rutinas sinxelas para a práctica do exercicio diario, fomentando así hábitos saudables. Darán comezo o próximo 16 de novembro e estenderanse ata o 13 de xaneiro de 2023, enmarcadas no Programa Municipal de Sanidade e Calidade de Vida das Persoas Maiores.
Cun carácter interxeracional, está dirixido ás persoas adultas do municipio, de todas as idades, para promover a práctica do exercicio cun carácter preventivo para a saúde física pero tamén mental, e cunha perspectiva motivadora e para incorporarse en diante ás novas actividades de grupo deste tipo, ou ben continuar con esta boa práctica por conta propia durante o resto do ano.
Os obxectivos que se traballan durante as sesións van dirixidos a xerar patróns de movementos saudables, aplicables á vida cotiá, e a poñer en práctica exercicios básicos que hai que ter en conta. A hora de practica deporte, como estiramentos, relaxación, etc. Tamén se encamiñan a coñecer distintas disciplinas e alternativas de actividade física, así como facer un uso apropiado dos equipamentos dos parques biosaudables, descubrindo as posibilidades que a contorna nos ofrece para este fin.
Esta actividade é completamente de balde, e consta dunha sesión semanal nos seguintes espazos:
As sesións semanais complementaranse con dous roteiros saudables, nos meses de decembro e xaneiro, sempre os sábados e en horario matinal, con percorrido dentro do termo municipal de Culleredo. Para máis información, as persoas interesadas poden achegarse ao Edificio de Servizos Múltiples en horario de 9:00 a 14:00 horas ou enviando un correo a servizos.sociais@culleredo.es.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER