O Concello de Culleredo anima a realizar as compras do Nadal no comercio local cunha nova campaña. Nesta edición seguirá o tradicional sistema do rasca e gaña, con premios instantáneos.
A campaña comeza xoves 15 de decembro, e prolongarase ata o 6 de xaneiro. Son 200 comercios os que se adheriron á iniciativa municipal, radicados ao longo de todo o municipio.
En total, o Concello repartiu un total de 100.000 papeletas de rasca e gana. Haberá un total de 3.206 premios, e todos os comercios participantes repartirán algún deles.
Entre os premios atópase unha televisión, un Smart watch, dous teléfonos móbiles, un patinete eléctrico, un robot aspirador, e diferente material de merchandising como baterías, bolsas de algodón ou tazas.