Por resolución do 7 de decembro de 2022, da Concelleira delegada de Participación Cidadá, Educación e Medio rural do Concello de Culleredo, aprobouse a convocatoria pública de subvencións municipais, destinadas a asociacións e entidades sen ánimo de lucro do termo municipal de Culleredo para a reactivación do tecido asociativo e para atender as necesidades xurdidas como consecuencia da crise sanitaria provocada pola Covid 19.
Para a súa solicitude está habilitado un trámite específico na sede electrónica, ao que se pode acceder premendo no seguinte enlace: Solicitude subvención
Tendes na información do trámite os documentos que debedes cubrir e adxuntar á solicitude, que poderedes realizar premendo "Tramitar" na mesma páxina do trámite. Estes documentos tamén os tendes adxuntos nesta publicación.
Na solicitude permite adxuntar un máximo de 10 documentos, polo que aqueles que non poidan ser entregados na solicitude inicial deberán presentalos nunha nova solicitude, tramitada dende a mesma páxina anterior, onde se faga constar nas observacións o número de rexistro que apareza na solicitude orixinal. Tamén podedes presentar os arquivos adicionais como un arquivo comprimido rar ou zip.
Vista previa | Adjunto | Tamaño |
---|---|---|
Anuncio bop subvencións 16/12/2022.pdf | 135.09 KB | |
Anuncio bop corrección de erros 27/12/2022.pdf | 103.81 KB | |
bases_subvencions_22.pdf | 633.85 KB | |
Anexo I.0 Solicitude normalizada | 516.95 KB | |
Anexo I.1 Memoria de actuación | 36.21 KB | |
Anexo I.2 Relación de gastos realizados | 80.42 KB | |
Anexo I.3 Declaración responsable | 186.3 KB | |
Anexo I.4 Certificacion do acordo de solicitude e nomeamento de representante | 85.09 KB | |
Anexo i.5 Autorización ao Concello de Culleredo | 86.1 KB | |
Anexo I.6 Proba de cumprimento de obrigas | 121.71 KB |
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER