O Concello de Culleredo, neste 8 de marzo súmase á xornada de reivindicación e de loita do Día Internacional das Mulleres, manifestando o seu firme compromiso coa igualdade, comprometéndose a seguir avanzando na conquista e na defensa dos dereitos das mulleres.
Este ano 2023, a ONU elexiu o lema: Por un mundo dixital inclusivo: innovación e tecnoloxía para a igualdade de xénero. Incorporar a perspectiva de xénero na educación dixital axudaría a que as mulleres e as nenas tomen maior coñecemento sobre os seus dereitos e as súas oportunidades. Igualmente, buscar referentes para as mulleres daqueles colectivos máis vulnerables, é imprescindible para que nenas e mozas debuxen o seu futuro seguindo os pasos de outras que romperon barreiras e superaron dificultades e retos académicos que as fixo máis independentes e polo tanto máis poderosas.
Deste xeito este 1 de marzo, para comenzar con accións de empoderamento da muller, a Concellaría de Benestar Social en colaboración coa Asociación Nacional de Presenza Xitana, dentro do programa Kamelamos y salud que desenvolve neste concello, levou a cabo un obradoiro dirixido a alumnas adolescentes dos institutos cullerdenses IES Rego de Trabe, e IES E. Blanco Amor, que acompañadas das orientadoras destes centros, acudiron á charla que impartiu a moza universitaria de familia xitana, Gisela Suárez Rosillo, estudante de Grao en Empresariais, quen animou a partir da súa experiencia, a seguir superándose e con algo de esforzo e moita constancia, continuar formándose academicamente, e descubrir nas materias que apriori non motivan, cousas moi interesantes e útiles para relacionar feitos e entender mellor o funcionamento das sociedade, e para ser mulleres independentes e libres.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER