O Concello de Culleredo actúa para continuar as execucións que garantan a mellora da rede viaria municipal. Tanto é así que xa concluíron os traballos de asfaltado e pintado de As Barreiras, Vinseira, Seara e As Reixas, e farase o propio esta semana en As Naveiras.
Os traballos consistiron na mellora do seu acabado estrutural e drenaxe, coa conseguinte optimización da seguridade viaria. O firme foi renovado, cun rebacheado nas zonas máis deterioradas, e a disposición dunha nova capa de rodadura en toda a superficie.
No caso de Vinseira Pequena, a estrada que se renovou, de 0,5 quilómetros, conecta as vivendas coa AC-400. En As Reixas, a mellora levou a cabo en 842 metros, a totalidade da rúa. En As Barreiras actuouse nos primeiros 335 metros da vía, que é a que se atopaba máis deteriorada.
O alcalde, José Ramón Rioboo, insiste na necesidade de “levar a cabo o noso plan de mellora do viario municipal para dotar a Culleredo de mellores conexións e sobre todo, incrementar a seguridade viaria en todas as zonas, xa sexan rurais ou urbanas”.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER