O Concello de Culleredo organiza, dentro das campañas de dinamización do comercio local, a campaña "Merca e gaña". Os negocios adheridos repartirán entre os clientes un total de 100.000 boletos para levarse un dos 3.620 premios directos, entre o 15 de marzo e o 15 de abril de 2023.
Entre os premios atópase unha fin de semana para dúas persoas con acceso a spa, un robot de cociña, dúas freídoras de aire, unha tablet, dous xiradiscos, un smartphone, catro reloxos intelixentes, catro auriculares sen fíos, catro altofalantes, e baterías, libretas, chaveiros lanterna, xogos, moedeiros e almofadas de viaxe.
A continuación pódense consultar as bases da promoción.
Vista previa | Adjunto | Tamaño |
---|---|---|
bases_merca_e_gaña.pdf | 840.55 KB |
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER