Campamentos deportivos de verán 2023 da Deputación

O Concello de Culleredo participa nos Campamentos deportivos de verán 2023 da Deputación Provincial da Coruña, en concreto na segunda quenda, que transcorre dende o 9 ao 14 de xullo.

Poden solicitar a súa participación nestes campamentos os nenos e nenas nacidos/as entre o 01.01.2009 e o 31.12.2014, empadroados/as no Concello de Culleredo ata a data de finalización do prazo de inscrición (07.06.2023)

Os participantes desfrutarán de 5 días con aloxamento e manutención na residencia que a Deputación da Coruña ten no IES Rosalía Mera. A entrada será o domingo entre as 18:00 h e as 19:30 h e a saída o venres seguinte entre as 16:00 h e as 17:00 h.

O prezo de inscrición é de 85,00 € que serán aboados no momento de confirmación da praza.

O Concello de Culleredo ten asignadas 8 prazas. En caso de ter máis solicitudes que número de prazas concedidas, realizarase un sorteo público para adxudicalas. Terán preferencia os/as rapaces/zas que non desfrutaran de ningún campamento de verán da Deputación en edicións anteriores.

O prazo de inscrición é do 12 de maio ao 7 de xuño de 2023.

Os boletíns de inscrición deberán presentarse  debidamente cubertos, con todos os datos visibles e lexibles, no Rexistro Xeral do Concello (Casa Consistorial - Tarrío), no rexistro auxiliar sito no Edificio de Servizos Múltiples (R/Ramón Cabanillas 14, O Burgo) ou na sede electrónica sedeelectronica.culleredo.es. Tamén poderán presentarse en calquera outra forma prevista na Ley 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Vista previaAdjuntoTamaño
triptico_campamento-deportivo-veran-2023.pdf198.71 KB
cartel_campamento-deportivo-veran-2023.pdf138.18 KB
autorizacion_consulta_padron.pdf32.87 KB

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina