O Concello de Culleredo aposta de novo por proporcionar á veciñanza unha alternativa de lecer educativo durante as vacacións escolares de Nadal. O CEIP Vila de Rutis acollerá un campamento urbano do 22 de decembro ao 5 de xaneiro, fóra de fins de semana e festivos, dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade.
A actividade comprenderá de 9:00 a 14:00 horas, ofrecendo opción de almorzo e comida para desta forma facilitar a conciliación, explica a concelleira de Educación, Cristina Pardo.
As dinámicas que levarán a cabo no campamento seguen unha metodoloxía lúdica, educativa e activa. As actividades abarcarán desde xogos, deportes ou talleres ata dinámicas e saídas. Nesta ocasión, a actividade leva por título “A maxia do Nadal”
A inscrición no campamento ábrese este venres 24 e finaliza o xoves 30 para optar a unha das 80 prazas ofertadas. Os interesados poderán acceder ao formulario aquí.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER