O Concello de Culleredo celebrou esta mañá a primeira das dúas sesións do seu tradicional Pleno infantil, cando se cumpren 23 anos desde que tivese lugar a primeira edición dunha actividade que se enmarca dentro do programa educativo municipal EDUCACULLEREDO.
Participaron 156 nenas e nenos de 6º de Educación Primaria dos colexios CEIP Plurilingüe de Tarrío, CEIP Sofía Casanova e CEIP Plurilingüe Vila de Rutis. Celebrouse no Salón de Plenos do consistorio, onde se trataron puntos como a instalación de beirarrúas no lugar do Souto, a continuación da humanización no municipio ou os camiños escolares seguros. Mañá será quenda do alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP Díaz Pardo, CEIP Plurilingüe Ría do Burgo e CPR Plurilingüe Ponte Pasaxe.
A alcaldesa infantil, Carlota Otero Trabada, presidiu o acto xunto ao rexedor cullerdense, José Ramón Rioboo Castro, e a concelleira de Educación, Cristina Pardo Portos. As tres propostas foron aprobadas polo plano infantil.
A máis votada foi a creación de sendas escolares presentada polo Vila de Rutis, seguida da construción de beirarrúas no Souto, elevada polo CEIP Tarrío. Finalmente, a proposta do Sofía Casanova para seguir humanizando o municipio tamén quedou validada.
Na súa intervención ao final da sesión, Rioboo felicitou aos alumnos polo seu exercicio de participación cidadá e o espírito de presentar propostas que buscan o interese xeral.
A sesión completa está dispoñible na canle municipal de YouTube.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER