O Concello de Culleredo continúa a campaña para animar a realizar as compras de Nadal no tecido de establecementos locais. Segue o tradicional sistema do “rasca e gaña”, con premios instantáneos para a clientela.
Baixo a denominación de “O Nadal está preto de ti, merca en Culleredo”, o Concello está a repartir 2.622 premios. Cada negocio adherido entregará as papeletas e outorgará varios agasallos de forma garantida.
A campaña comezou o martes 5 de decembro e prolongarase ata o 6 de xaneiro. Entre os premios atópase un patín eléctrico, un robot aspirador, cinco smartphones, dúas tablets, dous robots de cociña, cinco fritidoras de aire, e seis reloxos intelixentes, ademais de soportes para móbil, cadernos, bidóns e xogos portátiles.
Esta mañá, o concelleiro de Comercio, Mario Iglesias, e a concelleira de Educación e Deportes, Cristina Pardo, entregaron dous móbiles intelixentes, unha freidora de aire e un smartwatch aos clientes agraciados.
Obtivéronse en Moitas, Óptica Castro, Farmacia Fátima López e Carnicería Taboada.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER