A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria celebrada o 11 de decembro de 2023, acordou a aprobación inicial do Proxecto de Urbanización do ámbito do proxecto sectorial de ampliación das instalacións da sede central do Grupo Caamaño, en Alvedro, promovido por LOTS LAND AND RENT, S.L. e redactado polo arquitecto César de Jesús Otero Grille, colexiado COAG núm.1207, asinado dixitalmente o 15.06.2022, e documentación complementaria achegada o 24.08.2023
(Rexistro 2023/9214) [Expediente UAU/2023/96].
Sométese o dito proxecto de urbanización a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP, nun dos xornais de maior difusión da provincia, así como no taboleiro de edictos deste Concello, para que os interesados poidan examinalo e formular as alegacións/suxestións que estimen pertinentes, de conformidade co establecido nos art. 96.3 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do suelo de Galicia e 226.2 do Decreto 143/2016, de 22 de septiembre, polo que se aproba o seu regulamento.
Durante este prazo poderase examinar o documento na Área de Urbanismo (na Casa Consistorial situada na rúa do Concello número 12 - Culleredo) de luns a venres e das 9.00 ás 14.00 horas.
Para descargar o proxecto completo prema no seguinte enlace: