O Concello de Culleredo apostou de novo durante o período non lectivo de Nadal por proporcionar aos veciños e veciñas unha alternativa de lecer educativo. O CEIP Vila de Rutis acolle ata mañá un campamento urbano dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade.
A actividade comprenderá de 9:00 a 14:00 horas, ofrecendo opción de almorzo e comida para desta forma facilitar a conciliación, explica a concelleira de Cultura, Penélope López, que visitou á cativada esta mañá no centro.
As dinámicas que levan a cabo no campamento seguen unha metodoloxía lúdica, educativa e activa. As actividades abarcan desde xogos, deportes ou talleres ata dinámicas e saídas. Nesta ocasión, a actividade leva por título “A maxia do Nadal”.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER