Costas instala baixo a pasarela da lagoa de Fonteculler unha tubaxe para engadir sedimentos novos no estuario

A Demarcación de Costas do Estado emprendeu esta mañá uno dos últimos pasos na rexeneración ambiental da ría do Burgo. Un gran guindastre, visible desde toda a contorna do estuario, traballa hoxe na renovación de sedimentos da lagoa de Fonteculler.
 
Unha vez rematen os traballos nesta zona, procederase á reparación da pasarela. A intervención está exposta dentro do proxecto de dragaxe ambiental nas accións de optimización de servizos.
 
O Concello de Culleredo mantén contactos con Costas para a realización da mellora integral do paseo unha vez rematadas as obras de rexeneración. Entre as actuacións previstas atópase a reparación de lousas, das zonas verdes, a balaustrada e demais espazos comúns.
 

Corte no paseo


Por traballos tamén vinculados a este proxecto, procederase ao corte de tránsito peonil e ciclista na parte do Paseo Marítimo coincidente coa estación de bombeo de Acea de Ama, xunto ao xardín botánico, ofrecendo como alternativa a propia beirarrúa da avenida Juan Carlos Primeiro.

 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina