O Concello agradece o labor das persoas que integraron a brigada social de Culleredo os últimos 9 meses

O Concello de Culleredo quixo agradecer esta mañá, de man do concelleiro de Promoción Económica, Juan Carlos Lovelle, e de Comercio, Mario Iglesias, o labor das persoas que integraron a brigada social no municipio. Ambos os edís entregáronlles un detalle para recoñecer a súa achega  durante os últimos meses, agora que conclúe esta décima edición do programa.

A brigada social leva 9 meses desenvolvendo traballos de mantemento en espazos de uso público. Desta forma, ademais de gañar experiencia e capacitación, lógrase a súa implicación en actuacións de interese xeral.

Na despedida estiveron presentes tamén varios dos profesores que levaron a cabo a formación, ademais de Isabel Buján, responsable do departamento de Promoción Económica.

Todas e todos coincidiron en “o moito que achegastes durante estes meses xa non só a mellorar o aspecto de varios espazos públicos, senón tamén no esmero que lle puxestes a desempeñar unha tarefa que non foi fácil en determinados momentos”.

Este proxecto social de emprego non finaliza aquí. Agora as integrantes serán guiadas polo Concello na súa procura de emprego. Efectuarase un seguimento continuado e unha orientación laboral.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina