O Concello oferta 100 prazas no campamento de Semana Santa 'Cullerolimpíadas'

O Concello de Culleredo organiza unha nova edición do Campamento de Primavera, que neste 2024 terá como elemento central os Xogos Olímpicos. “Cullerolimpíadas” desenvolverase durante os días de Semana Santa, concretamente o 25, 26 e 27 de marzo e o 1 de abril no CEIP Vila de Rutis en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos que estean matriculados en Educación Infantil ou Primaria. Ofértanse un total de 100 prazas e terán preferencia aquelas persoas empadroadas en Culleredo.

O proceso de inscrición comezará este luns, 4 de marzo, e terminará o venres 8 do mesmo mes. As persoas interesadas en apuntar aos seus fillos e fillas terán que facelo a través dun formulario que se habilitará este luns na páxina web municipal.

O custo do campamento, servizos adicionais e bonificacións son os que se recollen nos prezos públicos vixentes:

• Campamento: 21 euros para empadroados/as e 42 para non empadroados/as.
• Servizo de comedor (de 14:00 a 16:00 horas): 29 euros.
• Servizo de almorzo (de 7:30 a 9:00 horas): 12,50 euros.
• Bonificacións: 50% por persoa para familias numerosas e 20% no/a segundo/a fillo/a de familias non numerosas.
• Tarifa especial: requirirase informe do/a traballador/a social de referencia.

Consulta no arquivo .pdf inserido nesta nova toda a información. 
 

Vista previaAdjuntoTamaño
cullerolimpiadas_info_comp.pdf571.61 KB

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina