O Concello de Culleredo pon en marcha unha nova tempada do ciclo de artes escénicas Culleredo en Escena. A programación comeza este sábado, 9 de marzo, con “Vicio houbo sempre”, de Atenea García, un espectáculo de narración oral que pertence á Rede Cultural da Deputación da Coruña.
A obra, recomendada para maiores de 18 anos e dunha hora de duración, celebrarase ás 20:30 horas no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio profesional de Música cullerdense. As entradas son gratuítas ata completar a capacidade e poden reservarse desde hoxe no teléfono 981 665 597 ou no Edificio de Servizos Múltiples en horario de 18:00 a 21:00 horas.
No seu primeiro espectáculo para adultos, Atenea García, da compañía de teatro Xarope Tulú, recolleu historias de vida nas marxes de mulleres maiores de 85 anos. Estas charlas acaban, en moitas ocasións, falando de pracer e sexualidade, de cousas supostamente prohibidas tempo atrás, deixando entrever que cousas como chegar virxe ao matrimonio sucedía, pero non sempre.
A concelleira de Cultura, Penélope López, afirma que este ciclo ten como obxectivo “seguir dinamizando a cultura, na liña dos últimos anos, con espectáculos de todo tipo e para todos os tipos de público”.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER