O Concello conmemora o Día Internacional da Muller cun encontro feminista no Xardín Botánico

O Concello de Culleredo conmemorou esta mañá o Día Internacional da Muller, 8 de marzo, cun encontro feminista no Xardín Botánico do Burgo. Ás 12:00 horas desta mañá, déronse cita na aula de Natureza Juan Lembeye Pilar Iglesias, de As Berenguelas; Ana Mato, de Alcer; Alba Montero, de ANHIDA; Fátima Anllo, de Alma; Aisbeth Millán, de ONG Mestura; Lucía Sánchez e Cristina Campos, de Asociación Presencia Xitana; Ana González, de Asociación TP Galicia e Fátima Uzal, do CIM de Culleredo.

Nun acto aberto ao público, o obxectivo principal foi establecer unha conversación coa participación tanto das relatoras como do público para falar de como podemos acadar unha igualdade real e efectiva, entre homes e mulleres en todos os ámbitos da vida e para todas as condicións.

Durante o mesmo, debateuse con perspectiva de xénero sobre a realidade da muller na actualidade con diferentes condicións e dobre discriminación. Todas e cada unha das que interviñeron fixérono a través das súas propias vivencias, tanto persoais como persoais.
 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina