O Concello de Culleredo habilita prazas de estacionamento exprés en todas as farmacias da zona urbana do municipio. Cada unha das boticarias situadas no Burgo, Vilaboa, Fonteculler e A Corveira contará con dúas prazas fronte aos seus locais para favorecer as paradas curtas aos usuarios.
O alcalde, José Ramón Rioboo, sinala que se trata dunha medida para “favorecer ao acceso un servizo esencial para os veciños”. Cos novos espazos propíciase que un cliente pare uns minutos e efectúe a compra con rapidez.
O Concello está a pintar as novas prazas. Xa se poden ver dispostas nalgúns establecementos, en cor branca e o sinal a cruz verde. Os traballos completaranse os próximos días, xa que pola acción da choiva algún dos pintados require que se repase.
Na zona urbana funcionan un total de 9 despachos, que son os que terán esta medida, cun máximo de 15 minutos de parada. No rural, en principio non será necesario dado que xa contan con zona para parar.
Os propietarios das farmacias coinciden coa idoneidade da actuación, especialmente para as persoas que acoden con urxencia á compra de medicamentos.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER