O Concello de Culleredo, a través da concellería de Participación Cidadá e Deportes, está a achegar o teatro a varios centros do municipio da man de Elefante Elegante, e dentro da iniciativa ‘Teatralízate’.
A compañía, residente no municipio, executou o seu novo traballo ‘Un momento precioso’, que coproduce a Administración local e, posteriormente, houbo un coloquio coas e os asistentes. É a primeira vez que se convida a colectivos fóra do ámbito educativo. Neste caso, 43 persoas de APEM, ASPANAES e o Centro de Maiores MIMOS.
En total, pasarán polo Auditorio entre esta semana e a que vén un total de 830 persoas do IES Rego de Trabe, IES Blanco Amor, Centro Ocupacional A Escada, o Centro de Día ‘Os Muíños’ e o Centro de Día BICOS, así como as persoas usuarias asistentes hoxe.
‘Un momento precioso’ rescata a idea de xardín como lugar natural estratéxico no dei-seño das cidades sostibles, e tamén como un espazo social onde coexisten os seres humanos de diferentes idades, xéneros e clases sociais. Pero, como, cando e onde nos sentiremos verdadeiramente libres, en seguridade e en igualdade de dereitos?
Esta obra é un espectáculo de teatro de movemento que transita entre esta disciplina, a danza e a acrobacia. A través da relación da música co movemento e a interacción cos elementos da escenografía, revélanse todos os segredos dunha posta en escena que se fundamenta na dinámica plástica da narrativa real.
Gonçalo Guerreiro e María Torres asinan a creación de ‘Un momento precioso’. Guerreiro é, tamén, responsable da dirección e a escenografía, mentres que o elenco está integrado por Pablo Sánchez, Julia Laport, Mario Rodríguez, Sofía Espiñeira, Eloi Gracía e a mesma María Torres. Doutra banda, a composición musical asínaa Manuel Fonte, a iluminación é de Nacho Martín e Carolina Díguele é a artífice do vestiario.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER