O programa “Perros y Letras” de READ España afiánzase en Culleredo ao cumprirse catro anos desde a súa implementación. Esta mañá celebrouse unha sesión con persoas usuarias do Centro Ocupacional ‘A Escada’ e a cadeliña Nala, xunto á súa educadora e guía Laura González, coordinadora do programa na provincia da Coruña. Este trimestre tamén se está traballando conxuntamente no CEIP Plurilingüe de Tarrío e o CEIP Plurilingüe Ría do Burgo.
Desde que se implementase en 2020, en pleno estado de alarma e onde as sesións eran telemáticas, é o cuarto ano consecutivo que leva a cabo. O obxectivo principal é axudar tanto a pequenas e pequenos escolares do municipio como a persoas con discapacidade intelectual a estimular as habilidades lectoras e melloras a nivel social. A actividade está financiada polo Ministerio de Cultura do Goberno de España e o Concello de Culleredo.
Elíxense para isto cans de terapia porque son moi tranquilos, capaces de estar todo o tempo ao seu lado e pendentes de toda persoa que le xunto a eles e elas. Todos os animais deste programa pasan un exame cada dous anos para comprobar que a súa tolerancia ao estrés sexa alta e poder así continuar coa súa actividade. Tamén se valora positivamente o vínculo que lle une ao seu guía.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER