O Concello de Culleredo participará na VII Edición do Ciclo Metropolitano pola Igualdade nas Artes e a Música ‘Elas son artistas’ da man de Isabel Risco, que presentará ‘Nabiza Girl’ o 27 de setembro no Auditorio do Edificio de Servizos Múltiples.
A concelleira de Cultura, Penélope López, acudiu esta mañá á presentación do cartel no Teatro Colón, na Coruña, onde tamén se deron cita representantes das Administracións que participan nesta sétima edición, como é o caso da Coruña, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada.
“É unha programación que sempre xera moita expectación en Culleredo, que enche o Auditorio de Servizos Múltiples e non nos concebimos unha programación cultural sen o ‘Elas son artistas’, unha iniciativa a nivel cidade e comarca que está máis que consolidada”, afirmou a edila de Cultura.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER