Cursos ámbito sociosanitario 2024: Alzhéimer

Dende o Servizo de Dinamización, Formación e Emprego da Área de Dinamización Social do Concello de Culleredo, tense previsto impartir ao longo do mes de maio deste ano unha serie de accións formativas, relacionadas co ámbito sociosanitario e dirixidas preferentemente aos/ás veciños/as de Culleredo que preferentemente se atopen en situación de desemprego e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia e que posúan formación ou experiencia relacionada coas actividades a impartir.

Con esta formación preténdese capacitar ás persoas para o desempeño cualificado das profesións e o acceso ao emprego, favorecer a formación das persoas traballadoras mellorando a súa capacitación profesional e desenvolvemento persoal, contribuír á mellora da productividade e competitividade das empresas, proporcionar aos traballadores os coñecementos axeitados ás competencias profesionais requiridas no mercado de traballo e ás necesidades das empresas e mellorar a empregabilidade e a recualificación dos traballadores, especialmente dos que teñen dificultades de mantemento do emprego ou de inserción laboral.

A preinscrición realizarase do 15 ao 19 de abril de 2024 por rigorosa orde de preinscrición, a través dun formulario web.

Consulta no arquivo adxunto toda a información respecto á actividade formativa en “Enfermidade de Alzheimer: descrición e estratexias de intervención”. En total, serán 20 horas por edición e celebrarase no Centro Municipal de Formación e Emprego 'Pablo Picasso' de Culleredo.

FORMULARIO DE PREINSCRICIÓN

Vista previaAdjuntoTamaño
cartel_alzheimer.pdf71.71 KB

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina