O Concello de Culleredo retomou onte a formación ornitolóxica ‘Por que voan as aves?’, dentro do programa EducaCulleredo, para os escolares dos CEIP Ría do Burgo, Vila de Rutis e Sofía Casanova.
A actividade quedara adiada en decembro debido ás malas condicións meteorolóxicas. En total, 115 nenas e nenos de 5º de Educación Primaria se deron cita no Xardín Botánico e o Paseo Marítimo onte, hoxe e tamén o farán o vindeiro martes, de 10:00 a 13:00 horas en todas as sesións.
O obxectivo principal é coñecer o mundo das aves, desenvolver competencias relacionadas coa observación e o uso da óptica e do caderno de campo, así como facilitarlles competencias científicas para o estudo e a conservación do medio natural.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER