O Concello completa a mellora da accesibilidade no centro social de Orro

O Concello de Culleredo vén de rematar os traballos de mellora da accesibilidade do edificio que alberga o centro cívico social de Orro. O obxectivo consistiu en incrementar as prestacións dunha dependencia moi empregada por parte dos veciños da parroquia no seu día a día.

A intervención consistiu na dotación de dous aseos accesibles no edificio, modificando a estrutura interior da construción. Cada servizo conta con 4,5 metros cadrados. O total de superficie da dependencia continúa sendo de 160 metros cadrados.

Para a obra, o Concello aproveitou a envolvente do actual módulo, e redistribuíu interiormente unha parte do espazo para realizar os aseos, repoñendo á súa vez as instalacións afectadas. Coa reforma mantívose a sala de lecer existente, e o espazo restante transfórmase cos dous mencionados aseos accesibles, unha sala de caldeira, un almacén e unha aula e o vestíbulo.

Esta intervención non afectou á fachada e á cuberta, e a nivel de carpintería exterior anuláronse dúas portas existentes no lateral esquerdo, substituíndoas por outra porta de similares características. De igual maneira, os bloques de vidros dunha das salas cambiáronse por unha xanela de aluminio, que contará cunha reixa na zona exterior o máis similar posible aos elementos existentes.

Para os chans, dispúxose dun gres antiescorregadizo. Empregouse pintura plástica anti-mofo en zonas secas e alicatado cerámico para zonas húmidas. Nos teitos optouse por un falso elemento modular a base de placas de xeso. Os acabados escolléronse seguindo criterios de confort e durabilidade.

O investimento ascendeu a 80.325,15 euros. Trátase dunha obra incluída na Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Culleredo Vivo, cofinanciada pola Unión Europea a través de Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina