O Concello de Culleredo e a ONG Mestura continúan a súa estreita relación de colaboración para traballar e velar polo benestar das persoas. Concretamente, o ámbito de actuación desta organización é o das persoas migrantes en situación de vulnerabilidade social.
Esta mañá, a concelleira de Cohesión Social, Marta Figueroa; a xefa de sección de Servizos Sociais Básicos da Administración e traballadora social, Sandra García e o técnico municipal da área de Servizos Sociais, Iosu López, reuníronse con traballadores da oenegué para coñecer máis de preto os proxectos que leva a cabo a entidade, que atende anualmente a 440 persoas en Culleredo, onde ademais atópase a súa sede.
MESTURA apoia e asesora ás persoas para que a procura de emprego sexa máis sinxela e efectiva, con itinerarios personalizados de inserción sociolaboral que inclúe tamén a intermediación con empresas e accións formativas de capacitación. Nestes momentos, están a desenvolver un novo proxecto de procura de vivenda para aquelas persoas ás que atenden, e que se van a máis dun milleiro en todo o seu ámbito de actuación, a área metropolitana da Coruña.
Ademais, outra das liñas de actuación é “Aula de Babel”, un programa para familias migrantes de formación e aulas de idiomas que favorezan a inclusión, a sensibilización e a mediación intercultural.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER