Almeiras acollerá esta fin de semana o II torneo de fútbol 8 con máis de 300 nenas e nenos no campo dos Loureiros

O campo dos Loureiros acollerá esta fin de semana o II torneo de fútbol 8 ‘Cabaleiro de Almeiras’ os días 31 de maio e 1 de xuño, no que se darán cita máis de 300 nenas e nenos de Culleredo e a comarca. Participarán seccións femininas e masculinas das categorías prebenxamín, benxamín e alevín dos conxuntos participantes. Os cruces e horarios daranse a coñecer esta tarde.

Esta mañá presentaron a cita a concelleira de Deportes do Concello de Culleredo, Cristina Pardo; a presidenta da Unión Deportiva Juvenil Almeiras, Sandra Rodríguez; Brais Rodríguez, coordinador de fútbol 8 do club, e Rubén González, directivo da UDJ Almeiras.

Cristina Pardo, edila de Deportes, afirmou que “todo parece indicar que a previsión meteorolóxica acompañará, e serán dous días en familia co fútbol 8 como protagonistas. Desde o Concello queremos desexar sorte a todas e todos os participantes, pero sobre todo, que se divirtan moito tanto venres como sábado”.

Pola súa banda, Sandra Rodríguez, presidenta da UDJ Almeiras, indicou que “a nosa intención é, nesta segunda edición, afianzarnos como torneo e que sexa unha xornada festiva e de gozar para todas e todos. A idea é que sigan xogando, aprendendo e estender un pouquiño máis o calendario de xogo de nenas e nenos, unha vez finalizadas as ligas regulares”.

O coordinador de fútbol 8 do club, Brais Rodríguez, subliñou “a importancia a nivel técnico do fútbol 8, onde se darán cita nenas e nenos de 6 a 12 anos, cunha maior velocidade de xogo. Sérvelles para mellorar tanto a técnica como a nivel táctico e desde a UDJ Almeiras convidamos a toda a xente que queira vir, a pasar grandes momentos en familia, como ben dicía Sandra, a presidenta”.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina